vouaxenda.com

espacio blanco

Uxia e Narf "Baladas da Galiza Imaxinaria"

Uxia e Narf
Data:
sábado, 23 de agosto de 2014
Hora:
22.30 h
Onde:
A Arca da Noe - Vilar de Santos
Entrada:
gratuita


Uxía & Narf son dous dos artistas do panorama actual galego máis influentes e que máis pontes teñen forxado a través da música con creadores de outras partes do mundo, en especial cos países de lingua portuguesa.

Tras anos de viaxes e experiencias de intercambio con artistas de Mozambique, Angola, Brasil, Portugal, Cabo Verde, Guinea Bissau, Arxentina, Chile, Uruguai... tanto Uxía como Fran Pérez “NARF” foron construíndo os seus respectivos repertorios, xerando canción a canción, un pequeno ámbito de convivencia entre mundos culturais que nalgúns casos comparten a mesma orixe, e en todos a mesma paixón pola palabra cantada. Este lugar propicio para o encontro é o territorio da Galiza Imaxinaria, un espazo emocional sen fronteiras, con raíces profundas pero cos brazos abertos ao mundo de hoxe, un territorio que pertence por dereito a todo aquel que o queira transitar, e no que os rasgos de identidade presentes nas cancións, lonxe de ser barreiras, son portas de entrada.

Por primeira vez, UXÍA & NARF funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, no que convidan a coñecer as Baladas da Galiza imaxinaria. Todas e cada unha destas cancións teñen unha historia detrás relacionada cunha viaxe, cun encontro e cunha experiencia vivida a través da música, e farán as delicias de aqueles que, con espírito inquedo e aventureiro, as deixen entrar no seu
corazón.

O concerto dará comenzo ás 22.30 horas.

Enviado por noemipinheira

Mapa
Onde:
A Arca da Noe
Enderezo:
Rúa do Forno, 13
Cidade:
Vilar de Santos


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 21 Ago. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 22 Ago. | Curtas Internacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
cinema 29 Ago. | Curtas Nacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
outros 21 Ago. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 27 Ago. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 22 Ago. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 30 Ago. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 29 Set. | Curso: Planificación centrada na persoa (Centro Cívico da Ponte, Ourense)
outros 21 Ago. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 29 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 23 Ago. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner