vouaxenda.com

espacio blanco

V Noite das Perseidas no PACC Lansbrica

V Noite das Perseidas no PACC Lansbrica
Data:
sábado, 11 de agosto
Hora:
20.00 h
Onde:
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa - San Amaro
Entrada:
sin confirmar


Temos o enorme pracer de anunciarvos que o sábado 11 de agosto celebramos a V Noite das Perseidas no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!

Convidámosvos a unha noite máxica, unha viaxe ao noso pasado máis remoto a través das emocións e os sentidos. Unha experiencia digna de recordo onde os sons, a gastronomía, a paisaxe e as estrelas nos transportarán á vida dos nosos antepasados da Idade do Ferro.

Así, ás 20:00h, o musicólogo Abraham Cupeiro achegaranos á parte máis íntima e humana dos instrumentos de vento, que nos acompañan desde tempos inmemoriais. Resoando no pasado é un concerto pedagóxico no que conflúen arqueoloxía, investigación e interpretación musical a partes iguais.

Ás 21:30h, aqueles que así o desexedes, poderedes desfrutar dunha cea temática no interior do castro de San Cibrao de Las, un apetitoso menú elaborado para os máis exquisitos padais castrexos.

A partir das 23:00h teredes ocasión de participar nun percorrido guiado polas rúas da antiga Lansbrica, sempre impoñente baixo o ceo estrelado de verán.
Finalmente, a velada rematará coa actividade de observación e explicación do ceo nocturno desde o xacemento, a cargo da Asociación Astronómica de Ourense (AAO).

Unha noite entre as estrelas é unha oportunidade magnífica para coñecer o castro de San Cibrao de Las dun xeito diferente.

Lembrade que é necesario reservar previamente, xa que o aforo é limitado.
Máis información no 988 267 285 ou en Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

Enviado por JC

Mapa
Onde:
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa   -   Sitio Web
Enderezo:
San Cibrao de Las s/n
Cidade:
San Amaro


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 21 Ago. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 22 Ago. | Curtas Internacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
cinema 29 Ago. | Curtas Nacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
outros 21 Ago. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 27 Ago. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 22 Ago. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 30 Ago. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 21 Ago. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 29 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner