vouaxenda.com

espacio blanco

I Encontro C@ntadas

I Encontro C@ntadas
Data:
sábado, 4 de xullo de 2015
Hora:
19.00 h
Onde:
Centro Cultural O Picouto - Ramirás
Entrada:
gratuita


I ENCONTRO C@NTADAS
- Organiza: Asociación Cultural Rebulir
- Colabora: Concello de Ramirás

A Asociación Cultural Rebulir, no seu empeño por recuperar e poñer en valor o patrimonio inmaterial, ven de organizar o I Encontro C@ntadas para o 4 de Xullo no Centro Cultural de O Picouto do Concello de Ramirás.

O que pretende esta actividade é dar a coñecer as experiencias, historias de vida, lendas, contos, anécdotas, retrancas... en definitiva, o patrimonio oral da comarca. Para esto contarase coa testemuña de veciños e veciñas das diferentes parroquias, nesta primeira edición participarán:

- D. Jose Ramón Cabano (Párroco de Penosiños e Escudeiros)
- D. Celso Macias (Levadeiro)
- D. Carlos Méndez (Mestre e escritor)

Tamén fará a súa intervención un dos Contacontos mais recoñecidos a nivel galego e estatal, este é Celso Fernández Sanmartín, que coa antiga arte de contar tentará tranmitir aos presentes antigos contos e historias que el mesmo leva recollido na súa traxectoria vital.

A intención é poder reproducir con certa frecuencia estes encontros implicando na súa dinámica a diferentes veciños e veciñas, para que o coñecemento acumulado nas memorias colectivas non se perda e siga o ciclo que veu cumplindo ata o momento.

Máis información en rebulir.com

Enviado por Rebulir

Mapa
Onde:
Centro Cultural O Picouto   -   Sitio Web
Enderezo:
O Picouto
Cidade:
Ramirás

<<  Decembro 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
1016
171820212223
242526282930
      

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner