vouaxenda.com

espacio blanco

Arte e Ciencia

Arte e Ciencia
Data:
mércores, 14 de outubro de 2015 - martes, 20 de outubro de 2015
Onde:
Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ourense
Entrada:
gratuita


Esta exposición aborda como a ciencia, matemáticas, a tecnoloxía e a arte e a vida se relacionan entre si.

O aspecto máis destacado, tanto polo interese que posúe en si mesmo como por ser unha primicia dada a coñecer por Arte e Ciencia, é a presentación animada (e o conxunto de paneis) que mostran paso a paso o método compositivo de Juan Gris.

Na exposición preséntanse mostras de múltiples aspectos xeométricos que rexen a construción de obras de arte, máis tamén se fai explícita a influenza de investigacións científicas como a persistencia retiniana, o contraste simultáneo de cores, os descubrimentos en astronomía… , sen esquecer a análise de símbolos galegos e obras arquitectónicas. Dedícase un apartado especial ao contexto actual no que, ao igual que a fotografía cambiou as metas da arte, o desenvolvemento tecnolóxico revolucionou as maneiras de crear e representar.

As conexións son múltiples e en ambos sentidos. Acéptase que a xeometría incide e inflúe nas artes plásticas pero poucos teñen presente que o puntillismo inflúe no concepto de píxel, ou que dous premios Nobel de Química recentes foron outorgados por aspectos científico-artísticos que iluminan a Química, como son os cuasicristais e o fullereno.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Centro Cultural Marcos Valcárcel   -   Sitio Web
Enderezo:
Rúa do Progreso, 38
Cidade:
Ourense

<<  Agosto 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
     1  2  3  4
  5  6  7  8  91011
12131415161718
19232425
273031 

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


outros 20 Ago. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 26 Ago. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 29 Ago. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
outros 20 Ago. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner