vouaxenda.com

espacio blanco

A medida do mundo (José Andrés Santiago)

A medida do mundo
Data:
mércores, 1 de febreiro de 2017 - venres, 7 de abril de 2017
Onde:
Sala Alterarte - Ourense
Entrada:
gratuita


José Andrés Santiago formula nesta exposición titulada “A medida do mundo”, a cuestión de “mesurar”, nada máis e nada menos, que o “mundo”. Este “pequeno-gran” planeta azul no que habitamos, cartografándoo dende a complexidade e a multioptría. Nada é como parece, depende como o mires. Nos ollos está a medida. No invisíbel está o importante. Depende da “máquina de mirar” que utilices, o proceso transformará a realidade nun ente visual e conceptual completamente diferente. Di o artista: “Neste proxecto me plantexo unha categorización do mundo que nos rodea en base a outras unidades de medida. Ou o que é o mesmo, categorizar algunhas magnitudes que definen o noso mundo en termos sociais, sensoriais, vivenciais ou intuitivos, en vez de delegar nas unidades de medida convencionais.” Deste xeito, Santiago propón nesta mostra, outra mirada distinta ao mundo que nos rodea. Unha mirada dende a parte que define a “humanidade” que non ten que ver coa medida ou escala do corpo humano, senón desa parte inasíbel do “humano” que fala dende o sentimento e que ten que ver basicamente co amor. Convida ao espectador a que se esqueza dos parámetros aprendidos para deixarse levar pola marabillosa incertidume do explorador. Esa paixón que nos fai deambular polos mapas sen ter un rumbo fixo, nin uns prexuízos que a priori nos condicionen na viaxe. Convida ao espectador a sementar o principio de incertidume neste mundo tan cheo de dogmas. A soñar e deixarse levar polo máis fondo do seu corazón. A súa mirada fala do ollo que define o micro e o macro neste pequeno-gran planeta azul pero tamén do interior e do exterior do ser humano. Desa fina pel que o separa e desas fronteiras moles que distancian as categorizacións, os planetas, os países, os conceptos prefixados. Que pasaría se borráramos os límites? E se eses límites foran difusos, móbiles, cambiantes e cambiábeis? Que pasaría se nos cuestionáramos a “medida” coa que trazamos as separacións?

Como artista e investigador José Andrés Santiago amosa nesta exposición “A medida do mundo” o seu interese pola pregunta en si mesma, polo proceso de indagación como aposta válida para aportar coñecemento.

O latexo do teu corazón é a túa medida do teu mundo, e só depende de ti se te atreves a mirar ao teu arredor con esa “medida”.

Ana Soler Curadora da exposición

Enviado por vouaxenda

Onde:
Sala Alterarte   -   Sitio Web
Enderezo:
Campus Universitario As Lagoas - Pavillón 1, s/n
Cidade:
Ourense

<<  Abril 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      
      

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 24 Abr. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 30 Abr. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
deportes 28 Abr. | Taller de acrobacia (Tics-Espazo de Formación Artístico, Ourense)
outros 23 Abr. | Animación a la Lectura (TactoConTacto, Ourense)
outros 24 Abr. | Introducción á Astronomía (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
infantil 26 Abr. | Chiquiclub: PequeNiños con Chus Álvarez (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 11 Mai. | Bill Evans: Petite Blonde II (Praza de Santa Eufemia, Ourense)
musica 24 Abr. | Josemi Carmona + Javier Colina: De cerca (Café Latino, Ourense)
deportes 20 Mai. | VIII San Mamede Desafío Solidario (Castro de Escuadro, Maceda)
infantil 10 Mai. | Comerá o bebé? con Cris de Caldas e Xabi do Camiño (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 24 Abr. | Os contos de Tokio (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 26 Abr. | Taller da Curiosidade (TactoConTacto, Ourense)
escea 26 Abr. | Waiting for Dado (Auditorio Municipal, Ourense)
cinema 19 Mai. | Ciclo de Cine Social (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 25 Abr. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 16 Mai. | Duquende (Café Latino, Ourense)
cinema 18 Mai. | El insulto (Auditorio Municipal Manuel María de O Carballiño, Carballiño)
cinema 25 Abr. | O insulto (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
infantil 27 Mai. | Fantasía coas palabras (Auditorio Municipal, Ourense)
escea 23 Abr. | Hambre (Teatro Principal, Ourense)
musica 21 Mai. | Harry Allen Quartet (Café Latino, Ourense)
escea 24 Abr. | El istmo (Auditorio Municipal, Ourense)
musica 23 Mai. | Kenny Garrett Quintet (Café Latino, Ourense)
outros 24 Abr. | Club de lectura: La flor púrpura (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
cinema 23 Abr. | A vida e nada máis (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 14 Mai. | Lew Tabackin Trio (Café Latino, Ourense)
cinema 04 Mai. | Sin amor - Loveless (Auditorio Municipal Manuel María de O Carballiño, Carballiño)
musica 14 Xuñ. | Maria Toro Quartet (Café Latino, Ourense)
outros 26 Abr. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
escea 25 Abr. | Medea, salvaxe? (Auditorio Municipal, Ourense)
cinema 25 Mai. | Muchos hijos, un mono y un castillo (Auditorio Municipal Manuel María de O Carballiño, Carballiño)
escea 27 Abr. | Ngoan Ntangan. Dos mundos que se tocan (Teatro Principal, Ourense)
escea 28 Abr. | As ondas das pedras no río (Teatro Principal, Ourense)
escea 24 Abr. | Paraíso (Teatro Principal, Ourense)
infantil 24 Mai. | Contos para bebés con Pavís Pavós (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 27 Abr. | Perfectos desconocidos (Auditorio Municipal Manuel María de O Carballiño, Carballiño)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 27 Abr. | Taller de Pintura en Tela (TactoConTacto, Ourense)
musica 26 Mai. | RomeríaRock Arenteiro (Carballiño)
musica 27 Abr. | Sangre de Muerdago (Liceo de Ourense, Ourense)
cinema 11 Mai. | La muerte de Stalin (Auditorio Municipal Manuel María de O Carballiño, Carballiño)
musica 26 Abr. | Tandub (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 24 Abr. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
musica 02 Xuñ. | UKP Day (Ribadavia)
outros 25 Abr. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 26 Abr. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
escea 27 Abr. | 666 (Auditorio Municipal, Ourense)

masacritica

Banner