vouaxenda.com

espacio blanco

Mysterious Object at Noon (Luns de filmoteca)

Mysterious Object at Noon
Data:
luns, 24 de abril
Multisesión
multisesion: 20.30 h e 23.00 h
Onde:
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense
Entrada:
de 2€ a 2.50€


Dentro da programación de filmoteca, coa colaboración do CGAI, proxéctase en sesións ás 20:30 e 23 horas:

Dokfa nai meuman
Mysterious Object at Noon
Apichatpong Weerasethakul (Tailandia, 2000) 83 min. #VOSE

A realidade e a ficción danse a man neste aclamado documental experimental. Sen un guión nin tema específico, o equipo de rodaxe mobilízase a través de toda Tailandia e outorgará carta branca aos seus habitantes para contar unha historia sobre un neno e a súa mestra. Percorrendo de norte a sur as comunidades rurais do país, un equipo de rodaxe vai entrevistando ao seu paso a unha serie de persoas e invítaas a poñerse diante da cámara. Utilizando o xogo do cadáver exquisit, cada personaxe inventa sucesivamente as peripecias dun relato insólito: o dun neno paralítico con superpoderes e a súa profesora. Unha fábula onírica en branco e negro, un obxecto fílmico misterioso, entre a ficción e o documental.

"É un relato de construción colectiva que a cámara documental do cineasta irá armando a partir de diversas voces e estratexias"
(Jordi Costa, EL PAÍS)

+ info.: cineclubepf.eu

Organiza Cineclube Padre Feijoo

Enviado por Ambigú do CCPF

Mapa
Onde:
Biblioteca Pública de Ourense
Enderezo:
Concejo, 11
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 12 Mai. | Yomelo Montosolo (Mesón Sas, Ourense)
musica 17 Mai. | 42 Decibel (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 29 Mai. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 02 Mai. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner