Dentro da programación de filmoteca, coa colaboración do CGAI, proxéctase en sesións ás 20:30 e 23 horas:
Contrafaces
Fon Cortizo (España, 2015) 74 min. #VOSG
A canadense Erin Moure descubriu ás súas orixes galegas hai 20 anos, o que rematou por mudar a súa vida e a súa poesía. En Islandia, Elías Knörr é un recoñecido poeta. Durante anos conseguiu manter oculta a súa identidade, agora explora novos camiños de creación. Iolanda anda na procura da súa propia voz dende que descubriu que algúns dos seus poemas xa foran escritos noutros idiomas. Ninguén parece saber quen é Elisa Sampedrín pero ela segue escribindo e influíndo a creadores en diferentes partes do mundo.
+ info.: cineclubepf.blogspot.com.es
Organiza Cineclube Padre Feijoo
Enviado por Ambigú do CCPF
VOU! Axenda.