vouaxenda.com

espacio blanco

Feira de Cartelle

Feira de Cartelle
Data:
martes, 18 de xullo
Hora:
09.00 h
Onde:
Cartelle - Cartelle
Entrada:
gratuita


A Feira de Cartelle celébrase tódolos días 4 e 18 de cada mes, sen excepción, e como tal está presente na memoria histórica dos nosos paisanos, que dende sempre se erguían moi cedo para vir á Feira. Á primeira hora da mañá chegaban a pe, algúns no coche de linea, con productos da terra segundo a época, con gando... A mañá era de actividade frenética, de compras e vendas onde o prezo final nunca era o prezo inicial, onde se vendía para poder mercar, onde os paisanos loitaban cos tratantes profesionais... Ao medio día toda esa actividade remataba nun bo xantar para coller folgos e volver para a casa, cargados outra vez coas compras feitas.

Hoxe en día a actividade do mercado é moito menor (hai postos de mercado retallista como zapatos, roupa, xoguetes, flores, etc) pasando a ser a gastronomía a parte esencial da Feira. Dende a primeira hora as caldeiras do polbo fumegan e os comerciantes montan os seus postos. A Feira converteuse nun día de encontro e tranquila conversa, un día de culto profano ao rico polbo e aos nosos pratos (callos, cocido, carne arreglada, bacallao...) que se poden degustar nas tabernas da localidade, acompañados dun bo viño da terra; e ao final, a especialidade típica: unha copiña de herbas ou de licor café.

No mercado tamén se poden adquirir os máis variados productos da zona: pitas, fabas, allos, mel, artesanía, etc.

Enviado por feiradecartelle

Mapa
Onde:
Cartelle
Enderezo:
Campo da Feira s/n - Cartelle
Cidade:
Cartelle


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 23 Set. | River Oaks District (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 20 Out. | Igmig (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 25 Set. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
escea 23 Set. | Agora en serio; 15 anos con os dous de sempre (Teatro Principal, Ourense)
musica 01 Dec. | Alexis Taylor (Hot chip) (Liceo de Ourense, Ourense)
musica 13 Out. | Blues do País (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 28 Out. | Caxade (Café Cultural Auriense, Ourense)
escea 21 Set. | Eiró dun soño de verán (Allariz)
musica 30 Out. | Mark Eitzel (Auditorio Municipal, Ourense)
escea 21 Set. | El sermón del bufón (Teatro Principal, Ourense)
cinema 21 Set. | As vacacións do señor Hulot (Explanada das Burgas, Ourense)
musica 22 Set. | Filarmónica de Cámara de Colonia (Teatro Principal, Ourense)
outros 28 Set. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 22 Set. | Molly Burch (Café Pop Torgal, Ourense)
escea 21 Set. | Noites con Chispa (El Cercano, Ourense)
cinema 23 Set. | A pantasma da ópera (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 20 Set. | Rainbreakers (Café Cultural Auriense, Ourense)
cinema 20 Set. | Tour de force (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 28 Set. | Telekrimen (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 26 Set. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner