vouaxenda.com

espacio blanco

Feira Mostra de Recursos Endóxenos

Feira Mostra de Recursos Endóxenos
Data:
sábado, 12 de agosto de 2017 - domingo, 13 de agosto de 2017
Hora:
10.00 h
Onde:
Bande - Bande
Entrada:
gratuita


12 e 13 de agosto no Concello de Bande a XXI edición da Feira Mostra de Recursos Endóxenos na cal os visitantes atoparán artesanía, gastronomía, produtos locais, información turística, zona de pinchos.

A feira será inaugurada pola Banda de Gaitas e Pandeiretas do Concello de Bande o día 12, coincidindo coa feira mensual, ás 12h. na praza da Constitución.
As actividades paralelas á feira son:

12 DE AGOSTO

ATRÉVETE E XOGA CONNOSCO
Xogos de auga e fariña na rúa San Roque a partir das 17:00h. Vén preparado e non te esquezas de traer o bañador.

OBSERVACIÓN DAS PERSEIDAS
Dende o xacemento arqueolóxico Aquis Querquennis (Porto Quintela) ás 23:30h. Inscrición previa. Actividade organizada en colaboración co colectivo en transición “Calidade do Ceo Nocturno” e levada a cabo por Pablo Martínez Alemparte membro da Agrupación Astronómica Rías Baixas.

13 DE AGOSTO

MAXIA
Praza da Constitución ás 20:00h. Actuación de “Javier Muro” co espectáculo “O neno que quería ser mago” dentro do programa: “Ler conta moito”.

Durante a celebración da feira, 12 e 13 de agosto, estará aberto o Mercado Xurés, un espazo destinado á promoción e venda de produtos e servizos do territorio, pero tamén un complemento como punto de información dos recursos e actividades dos concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés.

Enviado por manuela.bande

Mapa
Onde:
Bande
Enderezo:
Bande
Cidade:
Bande


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 24 Xul. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 24 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 30 Xul. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xul. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 26 Xul. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 29 Set. | Curso: Planificación centrada na persoa (Centro Cívico da Ponte, Ourense)
outros 24 Xul. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 01 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 19 Xul. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner