vouaxenda.com

espacio blanco

Feira de Cartelle

Feira de Cartelle
Data:
sábado, 18 de novembro
Hora:
09.00 h
Onde:
Cartelle - Cartelle
Entrada:
gratuita


A Feira de Cartelle celébrase tódolos días 4 e 18 de cada mes, sen excepción, e como tal está presente na memoria histórica dos nosos paisanos, que dende sempre se erguían moi cedo para vir á Feira. Á primeira hora da mañá chegaban a pe, algúns no coche de linea, con productos da terra segundo a época, con gando... A mañá era de actividade frenética, de compras e vendas onde o prezo final nunca era o prezo inicial, onde se vendía para poder mercar, onde os paisanos loitaban cos tratantes profesionais... Ao medio día toda esa actividade remataba nun bo xantar para coller folgos e volver para a casa, cargados outra vez coas compras feitas.

Hoxe en día a actividade do mercado é moito menor (hai postos de mercado retallista como zapatos, roupa, xoguetes, flores, etc) pasando a ser a gastronomía a parte esencial da Feira. Dende a primeira hora as caldeiras do polbo fumegan e os comerciantes montan os seus postos. A Feira converteuse nun día de encontro e tranquila conversa, un día de culto profano ao rico polbo e aos nosos pratos (callos, cocido, carne arreglada, bacallao...) que se poden degustar nas tabernas da localidade, acompañados dun bo viño da terra; e ao final, a especialidade típica: unha copiña de herbas ou de licor café.

No mercado tamén se poden adquirir os máis variados productos da zona: pitas, fabas, allos, mel, artesanía, etc.

Enviado por feiradecartelle

Mapa
Onde:
Cartelle
Enderezo:
Campo da Feira s/n - Cartelle
Cidade:
Cartelle


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 25 Nov. | The Twist Connection (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 27 Nov. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 01 Dec. | Alexis Taylor (Hot chip) (Liceo de Ourense, Ourense)
musica 24 Nov. | Andhrea & the Black Cats (A Corte dos Bois, Sandiás)
cinema 04 Dec. | Berberian Sound Studio (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 28 Nov. | Club de lectura: Los restos del día (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
musica 08 Dec. | Meiriño & Cid, Asocia 2 (Parque Náutico de Castrelo de Miño, Castrelo de Miño)
cinema 27 Nov. | Fuocoammare (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 24 Nov. | Gabi Buarque (A Arca da Noe, Vilar de Santos)
musica 29 Nov. | Los Hijos de la Montaña (Café Pop Torgal, Ourense)
cinema 12 Dec. | Hitchcock (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)
musica 01 Dec. | The Sixtynine´s (Cafe bar Onde Queiras, Celanova)
outros 30 Nov. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 24 Nov. | Psychedelic Witchcraft (Café Cultural Auriense, Ourense)
cinema 19 Dec. | Retrato dunha obsesión (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)
outros 28 Nov. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
cinema 11 Dec. | Voyage à travers le cinéma français (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 28 Nov. | Yves Saint Laurent (Centro Desenvolvemento AFundación, Ourense)

masacritica

Banner