vouaxenda.com

espacio blanco

MounQup (ContemporáneA)

MounQup
Data:
venres, 12 de xaneiro
Hora:
20.30 h
Onde:
Parque Náutico de Castrelo de Miño - Castrelo de Miño
Entrada:
gratuita


Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nada en Francia, pero galega de adopción, leva desde os 15 anos participando coa súa voz en bandas de Jazz, electrónica e folk. Foi en Galicia onde comezou a xogar con loops e samplers ata converterse na artista que é hoxe. As súas composicións son unha colaxe de texturas, formas e cores que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup.

Compón na absoluta soidade da súa casa no medio da montaña de A Bola (Celanova), rodeada da súa familia e experimentando con materiais que vai atopando na súa contorna. É no directo onde todo cobra sentido. Partindo desde un terreo frío e árido créanse xunglas sonoras sumando múltiples elementos que desembocan na éxtase sensorial. Poucas artistas representan tan ben a mestura de culturas, o compromiso con elas a través de influencias que van desde os ritmos africanos á experimentación nórdica máis arriscada.

Agora presenta o seu primeiro traballo de estudo, “Proba de Son” (2017), gravado no laboratorio de César “O Pana” do Carballiño da man do selo ourensán MOLHO. Componse de dez cortes que definen esta primeira etapa da artista. Un encontro de melodías suxestivas que nacen da terra para atoparse coa modernidade. Temas que falan das problemáticas sociais que nos axexan e das visións que manan das entrañas dunha persoa mergullada nos costumes naturais por decisión propia. Un ensaio vital que a través da música.

Mounqup é un grandes dos segredos do panorama galego que, despois de moitos concertos en salas e festivais, lánzase á aventura con “Proba de Son” (MOLHO, 2017).

Enviado por nocturno

Parque Náutico de Castrelo de MiñoMapa
Onde:
Parque Náutico de Castrelo de Miño   -   Sitio Web
Enderezo:
Avda. Alejandro Ferrer, 2
Cidade:
Castrelo de Miño

<<  Setembro 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 25 Set. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 25 Set. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
outros 24 Set. | Obradoiro Sexualidade (TactoConTacto, Ourense)
musica 24 Set. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 26 Set. | Reforma administrativa y lucha contra la corrupción (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
outros 26 Set. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 27 Set. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 29 Set. | Taller de Pintura en Tela (TactoConTacto, Ourense)
outros 29 Set. | Curso: Planificación centrada na persoa (Centro Cívico da Ponte, Ourense)
outros 25 Set. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 26 Set. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 27 Set. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner