vouaxenda.com

espacio blanco

María Mendoza (ContemporáneA)

María Mendoza
Data:
venres, 9 de febreiro
Hora:
20.30 h
Onde:
Parque Náutico de Castrelo de Miño - Castrelo de Miño
Entrada:
gratuita


Pianista, compositora e docente no Conservatorio de Música de Ourense, María Mendoza é todo versatilidade na música, non en balde, gústalle achegar o seu estilo máis persoal e rockeiro a temas clásicos. Tocou en numerosos grupos de pop, rock, folk, sen deixar de lado a súa faceta clásica, tanto en concertos de música de cámara como pianista acompañante. Premiada no Galician Folk Songs 2015 e no Concurso de Composición Hélianthe 2016, recibe ademais numerosos encargos de estilos moi diversos para series e curtametraxes de animación onde consegue unir as súas dúas grandes paixóns: a música e o cinema. Atréveste a viaxar connosco polo tempo e o espazo?.

“Nova” é o segundo disco de María Mendoza, irmán xemelgo e reflexo no espello do seu primeiro traballo “Intro”, no que nos propón unha viaxe ao espazo, a moitos pársecs de aquí. A pianista e compositora acompáñase nalgunhas das pezas por millóns de sons dos seus sintetizadores e polo saxo de Emilio José Vázquez Rodríguez (saxo alto na premiada “Devil' s Dance” no Concurso Hélianthe e saxo barítono en “Zero”). Dividido en tres bloques (Imaxes/Contemporánea, Galician Sketches/Tradicional e Space Oddities/Electroacústica), o álbum é unha pequena homenaxe sonora ás películas e libros de ciencia ficción que tanto fascinan á artista desde pequena, desde que soñaba con ser astronauta e con saber que había máis aló das estrelas: “Blade Runner” e “Alien”, de Ridley Scott , “Moon”, de Duncan Jones, “Fundación”, “Eu, robot” e “Estou en Portomarte sen Hilda”, de Isaac Asimov... “Clon” é o tema que abre o disco. Queres saber como latexaría o corazón dun clon?

Enviado por nocturno

Parque Náutico de Castrelo de MiñoMapa
Onde:
Parque Náutico de Castrelo de Miño   -   Sitio Web
Enderezo:
Avda. Alejandro Ferrer, 2
Cidade:
Castrelo de Miño


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 14 Ago. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
cinema 22 Ago. | Curtas Internacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
cinema 29 Ago. | Curtas Nacionais FicBueu 2017 (Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense)
outros 14 Ago. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 27 Ago. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 15 Ago. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 30 Ago. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 14 Ago. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 15 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 16 Ago. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner