vouaxenda.com

espacio blanco

Nacidas Libres

Nacidas Libres
Data:
sábado, 17 de febreiro
Hora:
20.30 h
Onde:
Teatro Principal - Ourense
Entrada:
de 6€ a 10€


A compañía Contraproducións, trae a Ourense "Nacidas libres", escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez, con Susana Dans, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Rocío González como protagonistas.

Sinopse:

Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome.

En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais: "A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago".

Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración…

Catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes. Un escenario no que se representan os máis variados espazos e situacións.

Prezos: 10€ (Butaca de Patio, Platea, 1º Andar), 8€  (2º Andar), e 6€  (Paraíso e VR). Á venda na taquilla do teatro o día previo á representación, o mesmo día de 12:00 h. a 14:00 h. e dúas horas antes de comezo da función.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Teatro Principal   -   Sitio Web
Enderezo:
Rua da Paz, 9
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 26 Feb. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 24 Feb. | El Pau (Faíscas, Ourense)
musica 23 Feb. | Lola Lola (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 13 Abr. | AtrabiliS + Sordida Nox (Swass, Ourense)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 21 Abr. | Alberto (saxofón) e Niara (piano) (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 20 Feb. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner