vouaxenda.com

espacio blanco

Brigan

Brigan
Data:
venres, 16 de febreiro
Hora:
22.00 h
Onde:
A Arca da Noe - Vilar de Santos
Entrada:
gratuita


Francesco Di Cristofaro (voz, gaitas, mandolina, bouzouki e outros)
Ivan del Vecchio (guitarras)
Gabriele Tinto (percusións)
Simone Lombardi (percusións)

O grupo de folk italiano Brigan ofrecerá un concerto este venres en Vilar de Santos, na Arca da Noe, ás 22 horas, dentro da súa xira galega e española para presentar o seu novo disco, ‘Rúa San Giacomo’, sobre o Camiño de Santiago. Trátase do seu terceiro traballo, que foi ideado e gravado entre Vigo, Santiago de Compostela e Sant’Arpino, a poucos kilómetros de Nápoles, que é o froito de anos de investigación, intercambios e longas estancias en terras ibéricas. 

Catorce pezas, catro delas inéditas, dan vida a ‘Rúa San Giacomo’, unha pequena antoloxía a cabalo entre Atlántico e Mediterráneo, na que se atopan e coexisten as sonoridades da música do sur de Italia coas variadas linguaxes e formas musicais do Noroeste ibérico (Galicia, Asturias e Norte de Portugal). Alalás, villanellas, muiñeiras, xotas, tarantellas e cantos de traballo fúndense nun único son e linguaxe, o de Brigan. 

Enriquece este disco a presenza de numerosos colaboradores, entre os que se atopan algúns dos máximos expoñentes da escea musical galega: o violín de Harry.C, de Milladoiro; as voces e pandeiretas de Xurxo Fernandes (Radio Cos) e Pandeireteiras sen Fronteiros; as voces de Immacolata Argiento e Maura Sciullo (FicuFresche); a gaita galega de Pablo Carpintero; a voz de Davide Salvado; a frauta de Xulio Lorenzo; a voz de Massimo Ferrante e a zanfona de Efrén López Sanz. 

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
A Arca da Noe
Enderezo:
Rúa do Forno, 13
Cidade:
Vilar de Santos


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


musica 26 Feb. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 24 Feb. | El Pau (Faíscas, Ourense)
musica 23 Feb. | Lola Lola (Café Cultural Auriense, Ourense)
musica 13 Abr. | AtrabiliS + Sordida Nox (Swass, Ourense)
musica 21 Abr. | Alberto (saxofón) e Niara (piano) (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 20 Feb. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner