vouaxenda.com

espacio blanco

Marco Beasley (Festival Pórtico do Paraíso)

Marco Beasley
Data:
venres, 9 de marzo de 2018
Hora:
21.00 h
Onde:
Igrexa de Santo Domingo - Ourense
Entrada:
gratuita


Na personalidade de Marco Beasley conflúen a bondade e a sinxeleza da súa alma napolitana, a alegría de vivir e de facer música e o desexo de comunicarse co mundo da poesía e da literatura.

En Marco Beasley conviven calidades moi diversas: a pureza clara e inconfundible do timbre, unha técnica moi particular –froito do estudo e da investigación histórica– o gusto pola palabra, sexa culta ou vulgar, a predisposición natural a comunicarse co público e a expresividade. Todo isto tradúcese nunha variedade de tons e rexistros, nun enfoque musical que conmove e no que a alegría e a irreverencia burlesca se alternan coa alegría e a soidade, nun diálogo íntimo e cheo de emocións.

Do canto gregoriano á polifonía, das frottolas renacentistas aos motetes, de “recitar cantando” ás grandes cancións napolitanas, Marco case reinventa todos eses xéneros en clave moderna. A voz, a expresividade, a sensibilidade e a inspiración fan de cada unha das súas interpretacións unha novidade, feito que lle permite abranguer unha enorme gama de xéneros musicais.

Marco Beasley naceu en Nápoles, en 1957. Durante os seus estudos musicais na Universidade de Boloña, mentres afondaba nos coñecementos das dúas correntes estilísticas de finais do Renacemento, o “recitar cantando” e a polifonía sacra e profana, comeza unha intensa actividade concertística que decontado lle abre as portas das salas de máis sona do mundo, desde o Mozarteum de Salzburgo ao Concertgebouw de Amsterdam, pasando pola Accademia di Santa Cecilia de Roma ou o Lincoln Center de Nova York, por citar algunhas.

O seu traballo de investigación sobre a voz e sobre a comprensión do texto cantado mereceron un gran recoñecemento por parte da crítica e un apoio cada vez maior do público.

Escritor, cantante e actor, despois de trinta anos de actividade con Accordone –grupo que fundou en 1984– en 2014 decide seguir adiante en solitario para, deste xeito, tomar un rumbo aínda máis persoal e autónomo e desenvolver novos proxectos.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Igrexa de Santo Domingo
Enderezo:
Santo Domingo,23
Cidade:
Ourense

<<  Marzo 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 26 Mar. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 26 Mar. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 29 Abr. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 27 Mar. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 28 Mar. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
outros 26 Mar. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 27 Mar. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 28 Mar. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner