vouaxenda.com

espacio blanco

Víctor Aneiros

Víctor Aneiros
Data:
venres, 16 de marzo
Hora:
21.30 h
Onde:
Café Cultural Auriense - Ourense
Entrada:
de 6€ a 8€


Víctor Aneiros está en plena xira de presentación do seu oitavo álbum “Un extraño entre la multitud” que chegará o día 16 a Ourense.

O guitarrista e compositor galego Víctor Aneiros lanza ao mercado o seu oitavo álbum baixo o título de “Un extraño entre la multitud”. O proxecto mostra unha nova faceta do artista que decidiu cambiar a melancolía blusera, por ritmos roqueiros e a lingua galega, que caracterizaba as súas letras, polo castelán.

Neste  traballo o artista reflexiona sobre o paso do tempo ao seu redor e non teme mostrarse crítico cos problemas da sociedade actual, aínda servíndose dun desenfadado ton irónico. O compositor aborda neste traballo temas presentes no día a día actual,  como o da falsa realidade imperante nas redes sociais, e dedica tamén un dos temas deste proxecto á crise dos refuxiados, problema que aborda con seriedade a ritmo de balada. Con todo, o single mira á localidade natal do artista, pois “Ciudad Olvido”, repasa a historia máis recente do panorama naval de Ferrol.

Os potentes ritmos roqueiros caracterizan a volta de Víctor Aneiros, que contou nesta ocasión coa colaboración do produtor Segundo Grandío. Con “Un extraño entre la multitud” o pioneiro do blues en galego pretende deixar atrás a melancolía e crear algo novo empregando, por primeira vez en moitos anos a lingua castelá como vehículo condutor das súas sensibilidades.

Enviado por vouaxenda

Café Cultural AurienseMapa
Onde:
Café Cultural Auriense   -   Sitio Web
Enderezo:
Plaza del Correxidor, 11
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 26 Xuñ. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 03 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 25 Xuñ. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 30 Xuñ. | Taller Feng Shui para la abundancia (TactoConTacto, Ourense)
outros 23 Xuñ. | Obradoiro de Manexo de Ansiedade e Estrés (TactoConTacto, Ourense)
outros 25 Xuñ. | Obradoiro sobre Autoestima (TactoConTacto, Ourense)
outros 27 Xuñ. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 30 Xuñ. | Enofestival: Cooper + Anaut + Mad Mission (Centro de Interpretación As Burgas, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
musica 24 Xuñ. | Felix Slim (A Arca da Noe, Vilar de Santos)
musica 23 Xuñ. | Guezos: Presentación "Zapatos Novos" (Café Cultural Auriense, Ourense)
infantil 23 Xuñ. | Contos con trasfondo (Mamalúa, Ourense)
outros 28 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
escea 22 Xuñ. | O Inspector (Casa da Cultura de Barbadás, Barbadás)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 29 Set. | Curso: Planificación centrada na persoa (Centro Cívico da Ponte, Ourense)
infantil 25 Xuñ. | Verano Smart Nenoos “Descubre tu talento” (Centro Nenoos Ourense, Ourense)
outros 26 Xuñ. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
musica 22 Xuñ. | VenRespirar + VenRespiriño (Mirador de San Francisco, Ourense)
outros 04 Xul. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 28 Xuñ. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 30 Xuñ. | Curso de encadernación artesanal + Cartonaxe (O cabalo fosforito, Ourense)

masacritica

Banner