vouaxenda.com

espacio blanco

IV Aniversario PACC

IV Aniversario PACC
Data:
sábado, 10 de marzo
Hora:
10.00 h
Onde:
PACC - San Amaro/Punxín
Entrada:
de gratuita a 5€


IV ANIVERSARIO DO PACC

Estamos encantados de anunciarvos que o vindeiro sábado 10 de marzo celebramos un ano máis xunto a vós! Co fin de festexar o noso IV Aniversario, temos preparada unha chea de actividades que agardamos sexan do voso interese e desfrute.

O programa de actividades previsto inclúe visitas guiadas á excepcional Cidá de Las e á exposición estable do centro de interpretación – en ámbolos casos a cargo de guías especializados-. Ademais, este ano incorporamos unha novidade: Experimenta Lansbrica, unha aproximación á recreación histórica da man de Paco Boluda e Xabier Bobillo. Participa no seu “laboratorio do tempo” e coñece a realidade do mundo galaico dende a experimentación e a interpretación do coñecemento histórico. Alén do anterior, os pequenos e pequenas da casa teredes ocasión de participar en dous entretidos obradoiros: Agricultores e gandeiros e Científic@s do pasado, ambos dirixidos a nen@s de entre 5 e 12 anos.

No que respecta aos horarios das diferentes actividades, haberá visitas guiadas ao castro de San Cibrao de Las ás 12:00h e ás 18.30h, mentres que as visitas á exposición estable terán lugar ás 11:30h e ás 18:30h. Para a actividade “O laboratorio do tempo” haberá dous pases, un ás 13:00h e outro ás 16:30h. Finalmente, os obradoiros infantís están programados para as 11:00h e as 17:30h.

Todas estas actividades son de balde coa entrada ao Parque e teñen aforo limitado, polo que recomendamos reservar previamente no 988 267 285 ou en Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

Enviado por JC

PACCMapa
Onde:
PACC   -   Sitio Web
Enderezo:
San Cibrao de Lás s/n
Cidade:
San Amaro/Punxín


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


outros 03 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 25 Xuñ. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xuñ. | Obradoiro sobre Autoestima (TactoConTacto, Ourense)
musica 30 Xuñ. | Enofestival: Cooper + Anaut + Mad Mission (Centro de Interpretación As Burgas, Ourense)
outros 28 Xuñ. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 26 Xuñ. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner