vouaxenda.com

espacio blanco

A leituga

A leituga
Data:
xoves, 24 de maio
Hora:
20.30 h
Onde:
Auditorio Municipal - Ourense
Entrada:
5€


O impacto dos coidados nas relacións familiares chega aos escenarios con "A leituga", a última comedia dramática da produtora teatral Emedous.

Antonio Durán Morris, Mercedes Castro, María Vázquez, Xosé Barato e Federico Pérez conforman o elenco que -baixo a dirección de Víctor Duplá- da vida a esta singular familia en cuxa historia se agocha a de todas as familias.

Sinopse: Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior, Virxinia (Mercedes Castro) e o seu marido, Héctor (Antonio Durán Morris), para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde fai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai entre Virxinia e os seus irmáns Vinicio (Xosé Barato), Víctor (Federico Pérez) e a muller deste último, Dora (María Vázquez)

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Auditorio Municipal
Enderezo:
Rua da Canle, 2
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner