vouaxenda.com

espacio blanco

Samuel L. París + Mónica de Nut (V Ponme un Poema!)

Samuel L. París + Mónica de Nut
Data:
sábado, 24 de marzo
Hora:
20.00 h
Onde:
Allariz - Allariz
Entrada:
gratuita


Chega a 5ª edición do "Ponme un poema - Roteiro poético pola vila de Allariz", con Samuel L. París e Monica de Nut.
Coa mesma convicción do primeiro día de que a poesía está nos bares, volveremos encher de poesía unhas cantas barras.

A palabra, as voces, as gorxas de Samuel L. París e de Mónica de Nut son de sobra coñecidas pola súa forza, pola súa potencia poética, pola intensidade coa que golpean o público cando se visten coa pel de poeta e cantante, respectivamente.

- 20:00h. (Bule Bule -> A Micalla -> A Despensa do Alarico -> Roi Xordo)
- Samuel L. París percorrerá xunto ó público os catro bares do roteiro mentres todas e todos gozamos das maridaxes de pincho e bebida que nos teñen preparado.

- 22:30h. (Bar Orballo)
- Mónica de Nut, unha das voces máis potentes e virtuosas do panorama musical alternativo en Galiza dende xa hai tempo, acode co seu espectáculo VOZSÓA, co que racha os límites do dominio da voz e da presenza escénica.

O sábado 24 de marzo celebramos así en Allariz, unha vez máis e á nosa maneira, o Día Mundial da Poesía (21 de marzo).

Podedes VER E DESCARGAR o CARTEL e o FOLLETO do roteiro (con boa calidade) aquí:
https://goo.gl/STnZqE

Enviado por DaAira

Mapa
Onde:
Allariz
Enderezo:
Allariz
Cidade:
Allariz


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner