vouaxenda.com

espacio blanco

Josemi Carmona + Javier Colina: De cerca (Festival de Jazz de Primavera)

Josemi Carmona + Javier Colina: De cerca
Data:
martes, 24 de abril
Hora:
23.00 h
Onde:
Café Latino - Ourense
Entrada:
15€


Josemi Carmona, guitarra
Javier Colina, contrabaixo
Bandolero, percusión

Josemi Carmona (guitarra flamenca) e Javier Colina (contrabaixo) asinan a dúo unha conversación musical, un diálogo que de forma natural, fusiona e achega linguaxes distintas.

Entre profundos ecos flamencos e o swing jazzístico que os caracteriza, guitarra e contrabaixo reúnense para explorar un repertorio concibido con finura e atención ao detalle. Pezas populares de raíz latinoamericana altérnanse coas sempre elegantes composicións de Josemi, mentres se desvelan asombrosos descubrimentos do jazz e do flamenco.

O directo é delicado e poderoso a partes iguais: Josemi e Colina saben como fiar o discurso. Son cómplices no diálogo e afondan en todos os xéneros explorados con coñecemento e personalidade. Respectan os tempos de cada música, dominan os momentos de improvisación e entenden cando é necesario deterse a repousar nunha melodía nocturna e exquisita. Contan verdades amargas, historias de amores, de noites de música, ás veces alegres, ás veces incomprendidos, entre tangos flamencos e bonequiñas lindas, choran unha farruca con aroma a Piazzolla.

"De cerca" é Granada e América, é swing, compás e contratempo... é jazz e é flamenco.

De Cerca conta coa colaboración -especial e fundamental no proceso de creación- de Bandoleiro (percusión e palmas).

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Café Latino   -   Sitio Web
Enderezo:
Coronel Ceano, 7
Cidade:
Ourense

<<  Decembro 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10111213141516
17212223
242526282930
      

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


outros 18 Dec. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 31 Dec. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 27 Dec. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
outros 18 Dec. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)

masacritica

Banner