vouaxenda.com

espacio blanco

Desafío 42 Ourense Termal

Desafío 42 Ourense Termal
Data:
sábado, 19 de maio - domingo, 20 de maio
Onde:
Provincia de Ourense - Ourense
Entrada:
de gratuita a 27€


Quinta edición da carreira “Desafío 42 Ourense Termal”, que discorrerá polos concellos de A Rúa, O Barco e A Veiga.

Os participantes percorrerán un total de 42 quilómetros en tres carreiras (que se poden disputar independentemente, sen ter a obriga de correlas todas, e de xeito individual ou en grupo), comezando o día 19, ás 12.30 horas na Veiga, cunha carreira de 6 quilómetros, e posteriormente, ás 20.30 horas no Barco de Valdeorras, onde se disputará unha carreira nocturna de 15 quilómetros de percorrido. Ao día seguinte, 20 de maio, ás 10.30 horas, na Rúa, terá lugar a proba máis longa, unha media maratón (21 quilómetros), coa que rematará esta edición do “Desafío 42 Ourense Termal”. Previamente, a esta última proba, ás 10.00 horas disputaranse tamén na Rúa un total de cinco carreiras para nenos. Tanto na proba da media maratón da Rúa como nos 15 quilómetros nocturnos do Barco estableceranse avituallamentos nos percorridos.

Máis información en desafio42.com.

Enviado por vouaxenda

Onde:
Provincia de Ourense
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner