vouaxenda.com

espacio blanco

Os Bolechas e o amigo monte

Os Bolechas e o amigo monte
Data:
sábado, 16 de xuño
Hora:
19.00 h
Onde:
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras
Entrada:
gratuita


Espectáculo Os Bolechas e o amigo monte, para nenos e nenas de 3 a 9 anos e as súas familias.

Trátase dun espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista que chegará a 21 entidades da Rede entre os meses de xuño e xullo deste ano. Desta volta, os famosos Bolechas -coñecidos personaxes da literatura infantil galega e agora tamén da televisión- concienciarán os máis pequenos sobre a necesidade de coidarmos o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais. O obxectivo é fomentar, a canda a educación ecolóxica dos nenos e nenas, a súa participación en galego na resolución do conflito proposto no guión. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade e establecerán un diálogo cos rapaces e rapazas acerca do monte, a súa fauna e a súa flora.

Os participantes nesta actividade de dinamización lingüística obterán unha palabra clave que lles permitirá acceder ao web osbolechas.gal, onde atoparán diversos contidos (xogos, diplomas, unidades didácticas...) e poderán participar en sorteos de lotes de libros dos Bolechas.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Teatro Lauro Olmo
Enderezo:
Estación, 2
Cidade:
O Barco de Valdeorras

<<  Setembro 2018  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
       1  2
  3  4  5  6  7  8  9
10

BILURICO EXPRESS

 

cum_laude

Pinterest_Logo

Banner

facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco

masacritica

Banner