vouaxenda.com

espacio blanco

Ourense Urbanístico - PXOM e Desenvolvemento da cidade

Ourense Urbanístico - PXOM e Desenvolvemento da cidade
Data:
xoves, 28 de novembro de 2013 - sábado, 11 de xaneiro de 2014
Onde:
Centro Ánxel Valente (Banco de España) - Ourense
Entrada:
gratuita


Exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ourense e mostra da evolución do urbanismo en Ourense neste século.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha consulta do documento do Plan Xeral poderán realizala de luns a venres de 9.00h a 14.00h, na sala de prensa (sala pequena) da antiga sede do Banco de España. Neste horario os técnicos municipais asesorarán e resolverán as dúbidas e consultas dos veciños e veciños da cidade sobre o documento oficial do Plan Xeral.

A pranta nobre do Banco de España acollerá tamén unha exposición e mostra urbanística do desenvolvemento da cidade no último século que poderá ser visitada de luns a venres de 9.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h e inclúe una exposición fotográfica de planos dende o ano 1931 ata a actualidade, maquetas dos proxectos estratéxicos da cidade de Ourense, como o desenvolvemento termal na zona das Burgas, a integración ferroviaria ou a Praza de Abastos. Haberá tamén unha zona de proxeccións de diversas reportaxes sobre a realidade urbanística en Ourense.

A documentación oficial do Plan Xeral estará dispoñible dixitalmente na web do Concello www.ourense.es e na web pxom.ourense.es

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Centro Ánxel Valente (Banco de España)
Enderezo:
Paseo, 4
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 24 Xul. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 24 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 30 Xul. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xul. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 26 Xul. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 29 Set. | Curso: Planificación centrada na persoa (Centro Cívico da Ponte, Ourense)
outros 24 Xul. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 01 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 26 Xul. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner