vouaxenda.com

espacio blanco

O arrolo das augas (Encontros termais)

O arrolo das augas
Data:
luns, 15 de setembro de 2014 - domingo, 28 de setembro de 2014
Onde:
Centro Ánxel Valente (Banco de España) - Ourense
Entrada:
gratuita


Por Ourense flúen catro grandes ríos, varias decenas de regatos e un cento de regueiros. Hai preto de trescentas fontes, e delas máis de setenta son termais. Ourense é filla do Miño e das Burgas, un val fértil de terra cálida que non tería existido de non ser pola presenza das augas.

Acompañando aos ENCONTROS TERMAIS que se celebrarán do 13 ao 20 setembro na cidade, o Centro Municipal José Ángel Valente acolle a exposición O arrol O arrolo das augas O arrolo das augaso das augas o das augas, unha homenaxe ás augas de Ourense e toda a actividade humana que se foi tecendo ao seu redor: nos ríos, nas fontes, nos baños termais.

Non concibimos a vida sen a auga. Ademais de alimento, sustento, fonte de enerxía e remedio para a saúde, en Ourense a auga ferve, e decorre polos camiños da imaxinación e o pensamento. Convértese en símbolo da cidade, e centro da súa historia. Unha auga máxica e mítica sen a que en Ourense non habería nin Ponte, nin Burga nin, posiblemente, Cristo coas barbas crecidas.

Desde a forza dos símbolos e a inspiración da literatura O arrolo das augas propón tres olladas sobre este elemento primordial: unha de lembranza para o rol que as augas xogaron na historia colectiva das veciñas e veciños de Ourense, outra de reflexión sobre as formas que estas trazan na cidade termal de hoxe e de mañá, e unha última con vontade viaxeira, a de saír fóra para observar outras culturas da auga e, desde alí, definir a noso propio xeito de entender e vivir a nosa.

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Centro Ánxel Valente (Banco de España)
Enderezo:
Paseo, 4
Cidade:
Ourense


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


infantil 24 Xul. | Contiños con Susana (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 24 Xul. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
musica 30 Xul. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 25 Xul. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 26 Xul. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 08 Set. | Dúo Adagio (Fundación Vicente Risco, Allariz)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 29 Set. | Curso: Planificación centrada na persoa (Centro Cívico da Ponte, Ourense)
outros 24 Xul. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 01 Ago. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)
outros 26 Xul. | Espazo Aberto (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner