vouaxenda.com

espacio blanco

Voltage Opposites: Micro-impactos (Espazos Sonoros)

Voltage Opposites: Micro-impactos
Data:
sábado, 25 de outubro de 2014
Hora:
19.00 h
Onde:
Igrexa da Madalena - Ribadavia
Entrada:
gratuita


Micro Impactos é unha obra que afonda na interrelación entre a danza contemporánea, olive cinema e a experimentación sonora, para xerar un código relacional propio a partir da combinación entre as tres disciplinas artísticas e a confrontación entre os conceptos de “corpo físico” e ”corpo dixital”.

Estruturada en módulos-impactos, a obra parte dunha localización concreta (site specific) para ir conformando un espazo escénico de seu a través da combinación das sensacións que transmiten o movemento do corpo, a proxección das imaxes transformadas a tempo real e a reelaboración, ao vivo, do espazo sonoro no que a obra foi concibida: as ruínas dun edificio modernista dos anos 20, situado no concello de Oza, proxectado polo arquitecto Rafael Antonio González Villar como sanatorio para tuberculosos, e que nunca chegou a habitarse.

A instalación pretende, deste xeito, fixar a presenza do lugar e das sensacións que este produce ao recrealo, unha vez e outra, no proceso de execución da obra. O proxecto rastrexa os movementos, os silencios, o racional e o que emociona dun edificio con vida propia, para captar a súa esencia e devolverlla ao público a través destes micro impactos.

 

Enviado por vouaxenda

Mapa
Onde:
Igrexa da Madalena
Enderezo:
Praza da Magdalena, 8
Cidade:
Ribadavia


facebook-ico twitter-bird-light-bgs pinterest android Googleicon


Banner
Banner

espacio blanco


outros 25 Set. | Curso de escritura creativa (Tetería Grândola, Ourense)
outros 24 Set. | Obradoiro Sexualidade (TactoConTacto, Ourense)
musica 24 Set. | Jam Session Rock (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 26 Set. | Reforma administrativa y lucha contra la corrupción (Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense)
outros 26 Set. | Espazo de debate (Biblioteca Pública de Ourense, Ourense)
musica 20 Set. | Kurt Baker Combo (Café Cultural Auriense, Ourense)
outros 19 Xan. | Os Fachós (Castro Caldelas)
outros 22 Set. | Obradoiro Cero Refugallo (Zero Waste) (Tenda de Comercio Xusto Ourense, Ourense)
outros 27 Set. | Masa Crítica (Parque de San Lázaro, Ourense)
musica 15 Dec. | Giart Dúo (Fundación Vicente Risco, Allariz)
outros 22 Set. | Quiz bar/Trivial (El Pueblo Café Cultural, Ourense)
outros 25 Set. | Parlez-vous français? Grupo de discusión en francés (Charlotte, Ourense)
outros 26 Set. | Grupos de Consumo, reparto quincenal e información (Local Asociación Cultural A Galleira, Ourense)

masacritica

Banner